domingo, 9 de mayo de 2010

ORIXE





A Cofradía de pescadores San Bartolomé de Noia quedou establecida como organización civil no ano 1926. Pese a esta data relativamente recente, as primeiras manisfestacións como grupo de mariñeiros datan de finais do S. XIX. Unha organización, que podemos decir, "espontánea", e que en certa maneira busca unha certa unificación, para a que viña ser a principal actividade da vila de Noia, o marisqueo. Que o marisqueo, sexa a principal actividade, é debido principalmente, por unha razón de índole natural, a súa localización na Ría de Muros e Noia. A riqueza do seu ecosistema, fai que a extracción de bivalvo, sexa algo frecuente como recurso económico de moitas familias. Por aquel entonces, o berberecho, era o único producto que se extraía, situación que foi cambiando ó longo dos anos, ata a chegar a actualidade coa producción de ameixa, ostra e navalla, dos que podemos atopar varios tipos. Pese a que éste, foi un aspecto que se foi consolidando co paso dos anos, o berberecho supuxo e supón o producto estrela da Cofradía.
As grandes farturas das primeiras décadas do século XX, supuxeron un respiro económico para a vila. Ben é certo , e debe ser destacado que a importancia de Noia, como porto data de moitos séculos anteriores, cando era coñecido como o Porto de Compostela. Pero deixando de lado, os aportes históricos e gloriosas épocas pasadas, a situación na actualidade, pouco se parece a de antaño. Ben é certo que desde eses comezos ata a actualidade, xestáronse moitos proxectos e actuacións que a levaron a convertirse máis nunha empresa de entidade, que podemos decir público, que na organización dos mariscadores. ¿Porqué o de pública? Porque dende a súa formación como entidade administrativa, pasou a formar a ser unha concesión do Estado, que se debía renovar cada 20 anos, ata que en 1993 quedou dependente da Xunta de Galicia. Pese a isto, a cofradía posúe unha entidade propia de goberno que está formada por un Patrón Maior, dous Vicepatrónmaiores e os cabildos, que son elexidos por sufraxio directo entre as dúas Asambleas que a forman: a Asamblea Xeral e a Asamblea de traballadoras a Pé, este último formada únicamente polas mulleres. O número de persoas con carnet ronda ó redor dos case 3000 afiliados, dos que máis de 2000 son traballadores habituais nas diferentes campañas do ano. Aínda que o colectivo dos homes sexa maís numeroso, a diferencia é mínima, xa que supón un pouco máis da metade dos traballadores totales. En canto ó caso das mulleres, o seu caso é destacable, dende o comezo da actividade marisqueira, xa non só por un aspecto económico, como sucede na actualidade, senón como unha figura social e cultural. No comezo da actividade, as mulleres eran as encargadas de "escoller" o marisco unha vez que chegaba a porto, e pese a que esa actividade séguese a dar, o papel da muller marisqueira mudou, ata converterse en traballadora remunerada económicamente. O traballo da muller, supón na maioria dos casos uns ingresos extras na economía familiar, sendo as campañas marisqueiras a única tempada na que traballan.
Pese as grandes diferencias económicas e sociais que diferencian a Cofradía dos inicios da da actualidade, o marisqueo e seu principal producto, o berberecho, segue ser un reclamo cultural e gastronómico.

1 comentario:

  1. Como habitante de Noia penso que a tempada de marisqueo é de vital relevancia para a economía do pobo, xa que para moitas familias convertese nunha axuda ou nun gran apoio para o sustento da mesma; moita xente xoven que se atopa no paro, xente maior e mulleres que alternan a vida do campo ca recollida do berberecho espera a este período. É un prazo curto pero se a recollida é boa podense facer moitos cartos. Por outro lado, pareceme unha verdadeira vergoña que sendo o berberecho noiés un dos de maior calidade e unha das plaias, Testal, o lugar onde maior exemplares existen, que esta careza de depuradora. Opino que nun futuro se non se toman medidas contra a polución afectara en gran medida ó xénero dos berberechos entre outros moitos, afectando así á xente marisqueira.
    Alexandra Castro Froján, Noia.

    ResponderEliminar