lunes, 31 de mayo de 2010

POSIBLES PROGRAMAS EDUCATIVOS

A creación de programas educativos para os alumnos das escolas, tanto da mesma comarca,como doutras tanto sexan de costa como de interior, creo que é unha alternativa interesante para dar a coñecer unha actividade tradicional como é o marisqueo.
O programa constaría dun recorrido polos areais e as instalacións da cofradía, a oportunidade de saber como se extraen os bivalvos e ata mesmo participar na extracción como se fosen uns marisqueiros de a pé, para seguidamente "escoller" as pezas e clasificalas. Levando a cabo todo este proceso, vivirían por un dia a realidade dos mariñeiros, coñecerían un sistema de producción artesanal de longa tradición, ademáis de aprenderen a diferenciar os distintos bivalvos que se atopen na ría

INICIATIVA AUNHA POSIBLE SALIDA DOS PRODUCTOS

Ó igual que o fixera o seu día o portal de internet Lonxanet, para a venda de mariscos e peixes e a respectiva entrega en 24 horas,a Cofradía de Noia deberia plantexarse facer o mesmo, e non so vender os seus productos de maneira directa ós comerciante,as empresas de conserva ou a un dos seus principais compradores: Mercamadrid.
No caso de que non se quixera embarcar nesta aventura comercial en solitario, xa que hai que ter en conta, a sua dependencia administrativa, sempre pode formar parte de Lonxanet, ó igual que o fixeron as cofradías de Cangas, Cariño, Cedeira, A Coruña, Muxía, Lira e a súa veciña Porto do Son.

EMPUXE Ó MARISQUEO

A comezos de marzo deste ano a Consellería do Mar decideu levar a cabo a firma de convenios con distintas cofradías, entre elas a de Noia co fin de mellorar a xestión , a conservación, a protección e a sostenibilidade dos recursos das Rías e dos bancos mariqueiros. Esta boa nova, ademáis de necesaria, é fundamental para que non se den casos de favoritismos persoais e limitar así o enriquecemento de só algúns suxeitos, como é o caso dos furtivos.
Unido a esto, temos que destacar que o pósito noiés está levando a cabo a resembra de ameixa ata alcanzar os 7 millóns de unidades en xuño. Actuación necesaria para que a próxima tempada que comeza en setembro, sexa abundante e os datos económicos para a riqueza da Vila non sexan negativas.

domingo, 9 de mayo de 2010

ORIXE





A Cofradía de pescadores San Bartolomé de Noia quedou establecida como organización civil no ano 1926. Pese a esta data relativamente recente, as primeiras manisfestacións como grupo de mariñeiros datan de finais do S. XIX. Unha organización, que podemos decir, "espontánea", e que en certa maneira busca unha certa unificación, para a que viña ser a principal actividade da vila de Noia, o marisqueo. Que o marisqueo, sexa a principal actividade, é debido principalmente, por unha razón de índole natural, a súa localización na Ría de Muros e Noia. A riqueza do seu ecosistema, fai que a extracción de bivalvo, sexa algo frecuente como recurso económico de moitas familias. Por aquel entonces, o berberecho, era o único producto que se extraía, situación que foi cambiando ó longo dos anos, ata a chegar a actualidade coa producción de ameixa, ostra e navalla, dos que podemos atopar varios tipos. Pese a que éste, foi un aspecto que se foi consolidando co paso dos anos, o berberecho supuxo e supón o producto estrela da Cofradía.
As grandes farturas das primeiras décadas do século XX, supuxeron un respiro económico para a vila. Ben é certo , e debe ser destacado que a importancia de Noia, como porto data de moitos séculos anteriores, cando era coñecido como o Porto de Compostela. Pero deixando de lado, os aportes históricos e gloriosas épocas pasadas, a situación na actualidade, pouco se parece a de antaño. Ben é certo que desde eses comezos ata a actualidade, xestáronse moitos proxectos e actuacións que a levaron a convertirse máis nunha empresa de entidade, que podemos decir público, que na organización dos mariscadores. ¿Porqué o de pública? Porque dende a súa formación como entidade administrativa, pasou a formar a ser unha concesión do Estado, que se debía renovar cada 20 anos, ata que en 1993 quedou dependente da Xunta de Galicia. Pese a isto, a cofradía posúe unha entidade propia de goberno que está formada por un Patrón Maior, dous Vicepatrónmaiores e os cabildos, que son elexidos por sufraxio directo entre as dúas Asambleas que a forman: a Asamblea Xeral e a Asamblea de traballadoras a Pé, este último formada únicamente polas mulleres. O número de persoas con carnet ronda ó redor dos case 3000 afiliados, dos que máis de 2000 son traballadores habituais nas diferentes campañas do ano. Aínda que o colectivo dos homes sexa maís numeroso, a diferencia é mínima, xa que supón un pouco máis da metade dos traballadores totales. En canto ó caso das mulleres, o seu caso é destacable, dende o comezo da actividade marisqueira, xa non só por un aspecto económico, como sucede na actualidade, senón como unha figura social e cultural. No comezo da actividade, as mulleres eran as encargadas de "escoller" o marisco unha vez que chegaba a porto, e pese a que esa actividade séguese a dar, o papel da muller marisqueira mudou, ata converterse en traballadora remunerada económicamente. O traballo da muller, supón na maioria dos casos uns ingresos extras na economía familiar, sendo as campañas marisqueiras a única tempada na que traballan.
Pese as grandes diferencias económicas e sociais que diferencian a Cofradía dos inicios da da actualidade, o marisqueo e seu principal producto, o berberecho, segue ser un reclamo cultural e gastronómico.

domingo, 25 de abril de 2010

LOCALIZACIÓN



A Cofradía de pescadores de Noia San Bartolomé localízase no concello de Noia, na provincia de A Coruña. A actividade marisqueira lévaa a cabo na Ría de Muros e Noia, e que pertence as Rías Baixas.