lunes, 31 de mayo de 2010

POSIBLES PROGRAMAS EDUCATIVOS

A creación de programas educativos para os alumnos das escolas, tanto da mesma comarca,como doutras tanto sexan de costa como de interior, creo que é unha alternativa interesante para dar a coñecer unha actividade tradicional como é o marisqueo.
O programa constaría dun recorrido polos areais e as instalacións da cofradía, a oportunidade de saber como se extraen os bivalvos e ata mesmo participar na extracción como se fosen uns marisqueiros de a pé, para seguidamente "escoller" as pezas e clasificalas. Levando a cabo todo este proceso, vivirían por un dia a realidade dos mariñeiros, coñecerían un sistema de producción artesanal de longa tradición, ademáis de aprenderen a diferenciar os distintos bivalvos que se atopen na ría

4 comentarios:

  1. Creo que ensinarlles os máis pequenos, ou incluso a xente nova unha tradición propia, única, é fundamental para que perviva unha tradición de décadas por non decir séculos atrás e por suposto tamén para que vivan e sintan como traballan as súas nais, avóas ou veciñas, ademáis de que os vai a concienciar dos problemas que hoxe en día ten o marisqueo tanto en Noia como en moitos outros sitios de Galicia.

    ResponderEliminar
  2. Eu son de Boiro e alí tamén existen este tipo de programas. Penso que son de gran axuda a hora de mostrar ós máis pequenos as tradicións aresanais da zona.
    Luis CC

    ResponderEliminar
  3. Lembro que fai uns 12 ou 13 anos desenvolveuse unha iniciativa nos institutos mediante a que se impartía toda unha unidade didáctica sobre o mundo da pesca e do marisqueo en Galicia: especies animais, técnicas tradicionais, etc...

    ResponderEliminar
  4. Isto estano facendo dende a cofradia de pescadores e asociacións de mariscadoras de Cambados; podes pescudar ao respecto. Creo que sería moi interesante unha oferta de algo similar en Noia. Pero tamén para turistas e visitantes! ou para facer talleres de verán para nenos ou xóvenes. Podería ser moi atractiva a posibilidade de campamentos de verán para nenos centrados na cultura do mar e do marisqueo en Galicia. En Irlanda determinadas comunidades rurais do litoral ofertal cursos de verán de inmersión na cultura irlandesa; a eles acoden xóvenes fillos de emigrantes irlandeses dos Estados Unidos; é todo un éxito!

    ResponderEliminar